29
AGO
2016

Adrián Silva

Nado en Barro, Pontevedra, no ano 1984. Comeza en 1990, a súa carreira musical na Banda de Música Xuvenil de Barro, onde comeza os seus estudos de linguaxemusical e frauta traveseira con José Bugallo. Cursa os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra onde remata os seus estudos no ano 2004 obtendo as máximas calificacións. Nese mesmo ano ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde no presente ano remata a súa carreira con Matrícula de Honra da man do mestre Fernando Raña. Asistiu a cursos de técnica e interpretación da frauta con profesores como: Magdalena Martínez, Fernando Raña, Laurent Blaiteau, Luís Soto, Jorge Caryevscadrian silvahi, Jilbert Hazelzet, Robert Win, Patrick Gallois, Juan Carlos Chornet, Hervé Jotier,Walter Auer, Janos Balint,ect..


Actuou baixo a batuta de importantes directores como:Antoni Ross Marbá, Maximino Zumalave, Enriq Lluna, Jordi Mora, Alberto Zedda, Marcel Van Bree, Javier Viceiro, José Rafael Pascual Vilaplana, Jan Cober, Francisco Pérez, Henri Adams, Paul Daniel, Felipe Neri, Darío Sotelo, Hardy Mertens, Jose V. Egea, Matteo Jardim.


No ano 2004 ingresa na “Escola de Altos estudios musicais de Galicia”, onde recibiu clases do mestre Laurent Blaiteau, ata ano 2007, ano no que remata os seus estudos neste centro.


En diversas ocasións colaborou coa Orquestra Real Filarmonía de Galicia.


No ano 2009 foi seleccionado como frautista da International Youth Wind Orchestra onde realizou concertos en Cinncinati (Ohio) baixo a batuta dos grandes Mestres: Frank Battisti, Donald Hunsberger, e H. Robert Reynolds, xunto cos cales gravou un DVD coas grandes obras para banda de compositores americanos.


Actualmente é frauta/piccolo na Banda de Música de Pontevedra, e colabora de maneira asidua coa Banda de Música Municipal da Coruña, nas que ofreceu diversos concertos como solista. No ano 2008 interpretou como solista o concerto para frauta e banda de Mike Mower coa Banda Municipal da Coruña. E recentemente interpretou o concerto SolM KW. 313 de W. A. Mozart xunto coa Orquestra do Conservatorio Superior de música de Vigo.