IX Concurso (2016)

Amplíase o prazo de presentación de obras no IX Concurso Galego de Composición ata o xoves 20 de outubro de 2016. A este concurso poden presentarse obras orixinais e inéditas que versen sobre temática galega ou fagan alusión a aspectos da cultura galega.
Está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares en convenio coa AGADIC.