FICHA DE INSCRICIÓN NO CENSO DA FGBMP

ATENCIÓN: Asegúrese de que todos os datos introducidos nesta ficha son veraces e actuais. A responsabilidade dunha posible falsidade documental recaería exclusivamente na persoa que introduza os datos e na directiva da Banda correspondente.

 

Benvido/a á Ficha de inscrición no censo da FGBMP. Por favor, teña en conta que todos os campos sinalados cun asterisco (*) son obrigatorios. Ademais, asegúrese de que coñece as bases do Certame de Bandas da FGBMP, dispoñibles na pestana "Certame" desta páxina web.


Prevese que este formulario o cubra o secretario da Banda de Música correspondente ou unha persoa autorizada polo equipo directivo ou a Asociación que a sustenta. Para inscribir unha persoa nesta ficha necesitará o código da banda e a sinatura da persoa que introduce os datos, así como unha fotografía recente do/a interesado/a e a versión dixital ou escaneada do DNI/NIE (ou, se non fose posible, do Pasaporte/Libro de familia), tanto do/a interesado/a como, en caso de persoas menores de idade, do pai/nai/titor-a.


Teña en conta que non se aceptarán datos de persoas que xa consten inscritas no censo, nesa ou noutra banda, de forma que deberá asegurarse de que esa persoa non consta no censo antes de inscribila. Asegúrese tamén da veracidade dos datos que introduce.


Ao finalizar este proceso, enviarase un correo de verificación que deben premer tanto o/a interesado/a (e seus titores legais, en caso de que sexa menor) como a propia Banda, para que a inscrición se considere aceptada. O prazo para esta confirmación é dunha semana. Os datos introducidos someteranse a revisión por parte da Federación, que só contactará directamente coa Banda e o/a interesado/a se detecta algunha anomalía nos datos.

Nome:*
Apelido(s):*
Data de nacemento:*
 / 
 / 

Escolla o documento identificador. A opción DNI/NIE é a preferente. A opción "Pasaporte" habilítase para quen non dispoña de DNI/NIE e "Libro de familia", para aqueles menores de 14 que opten por esa opción. Por favor, teña que en conta que a Federación recomenda a inscrición mediante DNI para facilitar a organización interna, especialmente nos seus certames, de modo que agradecemos que se faga mediante esta opción

Tipo de identificador:*
Número do Documento:*

O formato para introducir o DNI é coa letra ao final, en maiúscula e sen guións. Exemplo: 12345678X

Enderezo:*
Teléfono móbil:*
Teléfono fixo:
Enderezo electrónico:*
Enderezo electrónico (confirmación):*

(Teña en conta que a combinación de maiúsculas e minúsculas sexa correcta, sobre todo se o introduce desde un dispositivo móbil)

Este enderezo:*
Especialidade instrumental:*
Banda de música:*
Nome do/a director/a da banda:*
Enderezo electrónico da banda:*
Enderezo electrónico do seu representante

(Opcional, só para efectos de notificación.)

O músico pertenceu a algunha outra banda da Federación no último ano?*
É menor de idade?:*
Nome do pai/nai/titor-a:*
Documento de identidade do titor/a:*
Enderezo electrónico do pai/nai/titor-a:*
Teléfono do pai/nai/titor-a (se é diferente do do/a músico/a):

Por favor, suba os ficheiros que se lle indican a continuación. Os formatos admitidos para os ficheiros son doc, docx, gif, jpg, jpeg, png, pdf, xls e xlsx

Fotografía recente:*

Pode subir o Documento Identificador (preferiblemente o DNI/NIE) tanto nun documento coas dúas caras escaneadas como en dous documentos separados, se o prefire:

Documento Identificador (DNI/Pasaporte/Libro de familia):*
Outra páxina/cara do documento (opcional):
Documento identificador do/a titor/a:*
Outra páxina/cara do documento identificador do/a titor/a:*

Os seguintes campos refírense á identificación da persoa que introduce os datos, non á persoa que se inscribe:

Nome da persoa que realiza o trámite:*
DNI da persoa que realiza o trámite:*
Cargo que desempeña:*

Esta é a sinatura da persoa que introduce os datos. Se desexa contar con sinatura dixital, pode conseguir información sobre os certificados aquí (persoas físicas) ou aquí (persoas xurídicas) e, sobre a sinatura, aquí.

Sinatura (dixital ou escaneada):*
Código da Banda:*

O formulario non se poderá enviar se o código non se introduciu correctamente. Se o seu navegador web recorda o código dunha sesión anterior, non o utilice, pois só se acepta cando se escribe manualmente.

DECLARACIÓN (prema o recadro):*

Realice a seguinte operación:

Verificación:

Se non aparece o botón de "Enviar", o código da Banda foi introducido de forma incorrecta. Por favor, verifique que se corresponden maiúsculas e minúsculas, que o guión é baixo e non alto e que non copiou o código dunha sesión anterior, senón que o escribiu manualmente.


Se , polo contrario, aparece o botón "Enviar", pero o formulario non se envía a pesar de premelo, existe un erro nalgún dos campos. O erro en concreto aparecerá en letras vermellas ao lado do campo correspondente nunha das páxinas  do formulario.