Banda sinfónica

 

Xa está aberto o proceso de selección de músicos e músicas para a Banda Sinfónica da Federación Galega 2017:

 

Selección dos músicos da banda sinfónica da federación galega de bandas de música populares 2017

 

 

Información de 2016

A banda sinfónica volve á súa andaina no ano 2016 cun plantel renovado e coa súa estrea o 27 de agosto ás 20:00 na Praza da Quintana.bsfederacion

Está composta, neste primeiro concerto, por:

  • Frautín: Estefanía Fernández.
  • Frauta: Uxía García, Irene Parada, Carlota Salgado e María Varela.
  • Óboe: Sofía A. Domínguez, Cristina Gómez e Brais Troncoso.
  • Corno inglés: Martín Alves.
  • Fagot: Xosé Fernández e Diego Fernández.
  • Requinto: José Castro.
  • Clarinete: Juan Álvarez, Ismael Álvarez, Daniel Farrapeira, Pablo Forte, Laura García A., Libertad García S., David Llano, Cintia Lomba, Juan José López, Raúl Martínez, Andrea Méndez, Noelia Novo, Lucía Pampín, Andrés Pérez, Fátima Rodríguez, Rebeca Romero, Tamara Soto e Pedro Villanueva.
  • Saxofón: Rocío Buyo, Juan Manuel Cao, Andrea Fornos, Rubén Fraga, Daniel Novo, Sergio Piñeiro, Roberto Suárez, Ángel Vicos e Pablo Vigo.
  • Trompa: Rafael Blanco, Antón Caneda, Pedro Castro, Pablo Fernández, Ainara González e Pablo Neva.
  • Trompeta: Eduardo Abal, Roberto Bolaño, Víctor Bouzas, Joel Fernández, Lois Pimentel e Óscar Rial.
  • Trombón: J Ramiro Pérez, José Antonio Rodríguez, Óscar Tarrío e Óscar Vázquez.
  • Bombardino: David Lavía e Félix Iago Rodríguez.
  • Tuba: Rafael de la Torre, J Miguel Franqueiro, Marta García e Pablo Santaclara.
  • Violoncello: Natividad Estévez e Brenda Rodiño.
  • Piano: Magdalena Argibay
  • Percusión: Adrián Alonso, Ismael Azidane, Rubén Collazo, Jorge González-Reynoso, Jaime Landeira, Gabriel López e Sergio Suárez.

 

  • Director: David Fiuza

 

Programa

 

Sons que brotan das artes

A inspiración responsable de que broten os sons musicais bebe moitas veces do manantial que emana da mesma arte en si; a xenialidade da arquitectura, a luminosidade da pintura, ou a maxia da literatura incita a escribir música, ou a propia música provoca en moitas ocasións unha riqueza creativa que leva aos compositores a sonorizar e expresar as sensacións máis íntimas dos seus espíritos máis internos.

Este programa brota da intención de alimentar as almas con sons nacidos nun mundo artístico máis amplo, no que o escenario da Quintana entra en resonancia co desenvolvemento da música galega, peregrinando entre fermosas e variadas vibracións que nos trasladan á arquitectura da Catedral, ó tesouro musical das cantigas medievais, a monumentos e lugares emblemáticos da terra, completándose tamén coa visita virtual a un museo da pintura doutros tempos.

 

I PARTE

  • Fanfarrias Xacobeas (Juan Durán; Transcrición de Rafael Collazo)

Juan Durán tráenos polo “camiño francés” ata o “Pórtico da Gloria”, escribindo as Fanfarrias Xacobeas para o ano Xacobeo 2010; a obra, brillante coma un Pórtico, está dedicada á Real Filharmonía de Galicia, sendo estreada por esta orquestra co seu titular Ros Marbá en outubro de 2010.

  • Sinfonietta das cantigas (José Ignacio Blesa Lull). Estrea absoluta.

O xoven mestre valenciano José Ignacio Blesa apóiase nas Cantigas de Amigo de Martín Códax para escribir a Sinfonietta das Cantigas, trasladando a música medieval a unhas sonoridades renovadas e en consonancia co ser humano do S.XXI, aínda que sen perder o verdadeiro sabor deste tesouro patrimonial da cultura galega do pasado, debido á utilización do material melódico e lírico literalmente de algunhas das cantigas recompiladas.

  • Visións (Ángel Antonio Montes Abalde)

    • I – Raios de luz na Catedral de Tui
    • II – Chuvia en Compostela
    • III – Praza de América. 2 P.M.

Con certos tintes minimalistas da arte moderna, e cunha linguaxe sonora cercana ó impresionimo francés, Ángel Montes inspírase na Catedral de Tui, nas antigas e máxicas rúas compostelás bañadas pola choiva, e na colosal Praza de América de Vigo para crear unha obra de intencións ambientais ou descritivas de sensacións experimentadas nestes belísimos emprazamentos galegos.

 

II PARTE

  • Cadros dunha exposición (Modest Mussorgsky; Orquestación de Maurice Ravel; Transcrición de José Schyns)

    • Paseo
    • 1. Gnomo
    • Paseo
    • 2. O vello castelo
    • Paseo
    • 3. Tuileries
    • 4. Bydlo
    • Paseo
    • 5. Ballet dos pitiños nos cascaróns
    • 6. Samuel Goldenberg e Schmuyle
    • 7. Limoges – o mercado
    • 8. Catacumba
    • “Con mortuis in lingua mortua”
    • 9. A cabaña sobre patas de galiña
    • 10. A gran porta de Kiev

Mussorgsky coñece ó seu paisano e artista Viktor Hartmann arredor de 1870, xerándose unha estreita relación que os unirá denitivamente na amizade e na creatividade. Inspirándose en algúns cadros de Hartmann, o compositor ruso escribe unha especie de suite de pezas para piano, describindo as maxistrais pinturas, e intercalando “paseos” sonoros, simulando a visita a un museo, de maneira que en cada paseo a música tamén pinta unha atmosfera determinada, froito da inuencia e do efecto de ver cada cadro individual, e de sentir unha emoción expresada polo pintor.

O músico belga Schyns é o responsable da transcrición da versión para orquestra sinfónica que intrumenta o recoñecido mestre francés Maurice Ravel.