IX CAMPUS MUSICAL CEDEIRA 2017

A novena edición do Campus Musical da FGBMP, patrocinado pola Deputación da Coruña, celebrarase en Cedeira nos días 4, 5, 6 e 7 de xullo.
Lugar: IES Punta Candeira e Auditorio Municipal de Cedeira
Aloxamento: Pavillón (gratuíto)

Na parte inferior poderás descargar a información completa do Campus, así como acceder ao formulario de inscrición

Profesores:

Horarios:

  • Mañás: 9.30-14.00 h (descanso de 11.30 a 12.00h)
  • Tardes 17.30-19.00 h (clases) e de 20.00 a 21.30 h (ensaios, forman parte ineludible da formación a recoñecer no diploma)
A presentación do campus será o martes ás 9.00 h no Salón de actos do Instituto. A continuación realizarase a organización das clases e grupos.

 

 

 

 

Clases:

  • De todos os intrumentos agás percusión: IES Punta Candieira (Rúa do Ensino s/n)
  • Percusión: No auditorio Municipal de Cedeira (Travesís silva nº 38)
  • Ensaios da banda: no Auditorio ou ao aire libre  (se o número de matriculados excedese a capacidade do Auditorio, faríanse ensaios por idade e nivel)

  • Bases do IX Campus Musical Cedeira 2017.
  • Activos Grupal Oíntes
    Non federados: 120 € Non federados: 60 € Non federados: 20 €
    Músicos federados na FGBMP: 60 € Músicos federados na FGBMP:30 € Músicos federados na FGBMP: 10 €
    Músicos federados integrantes da Banda Sinfónica da FGBMP: 40 € Músicos federados integrantes da Banda Sinfónica da FGBMP: matrícula gratuíta Músicos federados integrantes da Banda Sinfónica da FGBMP: matrícula gratuíta
  • A Federación ofrece hospedaxe gratuíta no pavillón do instituto aos alumnos do Campus. Disporase dun número limitado de camillas militares pregables, que serán asignadas por orde de inscrición. Cada alumno deberá levar saco de durmir (poderá engadir algún tipo de acolchado baixo o mesmo), toalla de aseo e neceser co material de aseo persoal e responsabilizarase das súas pertenzas. Recoméndase gardar cautela cos obxectos de valor. Outras recomendacións: toalla de praia, crema ou spray protector, calzado de baño, gorro.

       

    O almorzo terá lugar na cafetería do instituto, cun prezo de 2,50 €. O xantar e cea será na cafetería do auditorio, a 7 € cada comida. A reserva de comidas e/ou aloxamento realizarase a través do formulario de inscrición na páxina web. O pago das comidas realizarase íntegro o primeiro día no instituto e no auditorio según cada reserva.

  • Accede ao formulario de inscrición premendo nesta ligazón.
  • Descarga aquí o modelo de autorización de saídas a menores de idade.